@AnoroCoruna Profile picture

Añoro Coruña

@AnoroCoruna

Unha viaxe sentimental.

Similar User
Tranvías Coruña 🚍 photo

@TranviasCoruna

Silcerino photo

@silcerino

Concello da Coruña photo

@ConcelloCoruna

Quincemil photo

@quincemil15000

BombeirosCoruña photo

@bombeiroscoruna

Voces de A Coruña photo

@vocescoruna

Coruña Mola photo

@corunamola

Eloy TP photo

@EloyTP

Coruña Deportiva photo

@CorunaDeportiva

Riazor.org photo

@riazororg

dxt campeón photo

@dxtcampeon

Xerión photo

@xerionxerion

Xulio Ferreiro photo

@XulioFerreiro

Torre de Hércules photo

@torrehercules

laopinion deporte photo

@coruna_deporte

Pinned

Chamácheme pera parda e pera parda hei de ser; anque caia de madura ti non me has de comer.

Tweet Image 1

Dos creadores de vistas aéreas - aquí os madrileños de "Paisajes Españoles"-, a transformación do cemento forxándose nos primeiros anos 60.

Tweet Image 1

A praia de Bastiagueiro nos anos cincuenta: do nirvana ao paraíso.

Tweet Image 1

Riazor vestíndose de luces á tardiña. (1972)

Tweet Image 1

Sinfonía humana na praia da Berbiriana na segunda década do século XX.

Tweet Image 1

Velaí vai a lancha para Santa Cristina (1969)

Tweet Image 1

A praza de Galicia a finais dos anos cincuenta co seu par de fontes de surtidor e estanque nos extremos, ambas as dúas desaparecidas coa construción do actual aparcadoiro subterráneo.

Tweet Image 1

Os restos das defensas extra muros do baluarte do Parrote erixidas en 1589 tras o ataque dos ingleses, derrubadas no século XIX e hoxe alonxadas do mar.

Tweet Image 1

Certos vilegos vinheron facendo ultimamente o imposível por destruir o engado da serea que tenhen por nai, ponhendo-lle cemento polo van e polo corpo todo. Pero ¿que puderon, os cativos, contra a paisage e mais umha velha vocación de harmonia? XOSÉ DEVESA.

Tweet Image 1

Grupo de chalés da Cidade Xardín no comezo da avenida da Habana a finais dos anos trinta. Do primeiro deles, a "Villa Molina" (1928), dise que é a obra que culmina a carreira do arquitecto Rafael González Villar (1887-1941), o autor do Cine Avenida entre outros proxectos.

Tweet Image 1
Tweet Image 2

Unha perspectiva de Sánchez Bregua nos anos trinta. Na esquina da rúa agardan os vendedores de xeados e barquillos.

Tweet Image 1

A baía vista desde os xardíns de Méndez Núñez polos anos vinte. No porto vese á dereita da imaxe a estación da Sociedade Oceanográfica, o primeiro observatorio meteorolóxico e de axuda á navegación co que contou a cidade que foi o máis importante da provincia da Coruña.

Tweet Image 1

Os Mariñáns de Guísamo retratados no parque de Santa Margarida a comezos dos sesenta. O Mítico cuarteto bergondés foi a banda sonora de festas e romarías desde 1927 ata mediados dos anos oitenta.

Tweet Image 1

O Cantón Grande con cincuenta anos de diferencia, da década de 1930 ao comezo dos anos oitenta.

Tweet Image 1
Tweet Image 2

A Gaiteira vista desde O Montiño polo fotógrafo Cancelo a comezos dos anos trinta. Máis abaixo o recuncho de San Diego no que ía desaugar o río Monelos moi preto do arranque do peirao do Leste. O edificio grande a carón da fábrica de Tabacos era o do almacén de tabaco en rama.

Tweet Image 1

Dous trolebuses chegan á parada de Porta Real a finais dos 60, un deles coa publicidade dos Viños Coes.

Tweet Image 1

Portada da revista do programa das festas de Agosto de hai 70 anos. Os festexos deron comezo na noite do 31 de xullo en María Pita cos fogos e a queima da falla, que representaba a Torre de Hércules emerxendo do interior dunha cuncha de vieira.

Tweet Image 1

No ano 1905 o concello acordou que este espazo da Mancadoira pasase a ser chamado oficialmente rotonda de Miramar, que xustamente é o que facía aquí toda esta xente nos anos 50. O lugar acabou chamándose rotonda das Escravas.

Tweet Image 1

Na enseada víanse aínda nos primeiros anos da década de 1960 os vestixios da actividade industrial. Incompatibles xa co novo modelo urbano, afastándose da súa reconversión, convivían coa memoria da defensa militar da cidade sobrevivente na coraza do Orzán.

Tweet Image 1

Loading...

Something went wrong.


Something went wrong.